Saltar ao contido principal

Publicacións

SAMAÍN

 Outro ano máis temos que agradecer as familias a súa colaboración, porque tan só coa premisa de facer algo de Samaín reciclando materiais fixeron auténticas marabillas. Non deixades de sorprendernos!!

EMPEZAMOS A PLANTAR

  Comezamos a temporada plantando grelos, espinacas e coles.

GRANXA TEIXEIRO E PISTÓN

 

RECOLLEMOS AS PATACAS

  O 1º que fixemos ao volver do verán, foi recoller as patacas. Despois, chegou o turno de preparar algo con elas. Eliximos o pastel de patacas. Compartimos con vós todo o proceso e a receita.

CURSO 23-24

 

ECO RETO ABRIL #RetoConcienciámonos

 O alumnado de 1º e 2º foron os encargados de superar o reto de Abril. Fixeron este mural no que nos explican como están reducindo, reutilizando e reciclando na súa clase e dan consellos para levalos a cabo nas casas.

ECO RETO MARZO #RetoPlantamos

O alumnado de infantil está estes días poñendo en marcha o horto escolar. Hai unhas semanas comezaron a sementar os allos, pementos e tomates. Estes días, despois de instalar os novos bancais e de preparar o espazo do horto con máis terra están empezando a plantar.  Hoxe tocoulle o turno aos chícharos e as cebolas. Tamén prepararon diversos carteis para colocar no sitio correspondente.