Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

Exposición de Máscaras de Entroido

Este ano fixemos na biblioteca unha exposición de máscaras de entroido. Todas elas as fixemos reciclando materiais. Tamén fixemos varios murais no que explicamos a historia da máscara e con que materiais esta feita.

Tempo de entroido

 Levamos varias semanas traballando na elaboración de máscaras tradicionais do entroido galego reciclando diversos materiais (cartóns, periódicos, oveiras...) Aquí vos deixamos fotos do proceso, pronto vos ensinaremos  resultado final.

Reto Mochila Viaxeira

 O mes pasado as mochilas viaxeiras saíron a coñecer as casas dos nenos e nenas do cole. Dentro delas atoparon moitas sorpresas, entre elas un libro no que lles propoñían diversas manualidades. Todas elas reciclando materiais que podían atopar nas súas casas. Aquí vos deixamos unha mostra das que foron chegando ao cole. Sodes todos uns artistas! Cada día sorprendédesnos máis!