Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

Reciclando en familia

A biblioteca de Antolín propuxo ao alumnado e as súas familias decorar o cole con adornos relacionados con Samaín elaborados con material de refugallo. Que gran traballo fixeron! A escola estaba chea de vasoiras, casas encantadas, arañas, morcegos, fantasmas…. MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

ECO RETO de Outubro #RetoResponsables

  O CEIP Plurilingüe Antonio Fernández López é unha escola comprometida co coidado da terra e a construción dun mundo mellor. Mediante este proxecto os nenos e nenas aprenden a observar e comprender o ciclo da materia orgánica, así como a facerse cargo dos residuos da escola e crear o seu compost. Introducir o comedor escolar no proxecto é un punto clave para unha aprendizaxe significativa e unha coherencia global. Con este proxecto unímonos ao 1º reto de Voz Natura: #RetoResponsables

Samaín

 Na clase de Art, fixemos estes morcegos terroríficos con bricks de leite.

PLANTAMOS TULIPÁNS

Comezamos a temporada plantando tulipáns!

TU CONSUMO DEJA HUELLA 22-23