Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023

ECO RETO MARZO #RetoPlantamos

O alumnado de infantil está estes días poñendo en marcha o horto escolar. Hai unhas semanas comezaron a sementar os allos, pementos e tomates. Estes días, despois de instalar os novos bancais e de preparar o espazo do horto con máis terra están empezando a plantar.  Hoxe tocoulle o turno aos chícharos e as cebolas. Tamén prepararon diversos carteis para colocar no sitio correspondente.

ECO RETO FEBREIRO #AforramosEnerxía

Para levar a cabo este reto, decidimos crear a Patrulla Verde, ben uniformada cos seus chalecos e as súas chapiñas.  O seu primeiro paso foi ir contando de clase en clase como podían aforrar enerxía: apagando luces cando non hai ninguén nas clases, non malgastando papel nin auga, pechando portas...  O seguinte paso é revisar nos recreos que se cumplan todas as medidas de aforoo e anotar na axenda dos patrulleiros cando non se cumplen.